Saltar ao contido

Galiza, dereitos, vida digna. Agora con máis forza!

Dez compromisos

O decálogo
do BNG para o 29N

Dez compromisos concretos que as deputadas e deputados do BNG levarán ao Congreso: vivenda, salarios e pensións, igualdade, economía, enerxía, infraestruturas, mocidade, autogoberno, liberdades e paz.

Os dez compromisos

  1. 01A vivenda é un dereito

    O acceso a unha vivenda digna é hoxe un dos principais problemas sociais de Galiza e unha das maiores causas de exclusión. Os prezos desorbitados do alugueiro e da compra, a proliferación descontrolada das vivendas de uso turístico e a falta de políticas públicas suficientes converteron un dereito fundamental nun negocio para a especulación.

    Ler as medidas no documento

  2. 02Vida digna: salarios, pensións, coidados, dereitos laborais

    Ter un emprego, percibir un salario ou cobrar unha pensión non garante hoxe unhas condicións de vida dignas para milleiros de persoas en Galiza. A suba dos prezos, a perda de poder adquisitivo, a precariedade laboral e as dificultades para chegar a fin de mes están a agravar as desigualdades e a estender a pobreza.

    Ler as medidas no documento

  3. 03Avanzar en igualdade e defender todos os dereitos fronte ás discriminacións

    Comprometémonos a construír unha sociedade libre de violencia machista, racismo e discriminación, na que todas as persoas poidan vivir con plena liberdade e igualdade.

    Ler as medidas no documento

  4. 04Unha economía ao servizo de Galiza e das maiorías sociais

    Defendemos un modelo económico produtivo, sustentable e xusto, que fortaleza os sectores estratéxicos do país, cree emprego digno e permita que a riqueza xerada en Galiza reverta no benestar da maioría social.

    Ler as medidas no documento

  5. 05Favorecer unha transición ecolóxica xusta: a enerxía galega ao servizo de Galiza

    Comprometémonos a defender o territorio e os recursos naturais fronte ao espolio e aos proxectos especulativos, e a impulsar un modelo de transición ecolóxica que cree emprego, protexa a biodiversidade e mellore a vida das persoas. Galiza debe beneficiarse da riqueza que produce e ter capacidade para decidir sobre os seus recursos enerxéticos.

    Ler as medidas no documento

  6. 06Acabar coa discriminación de Galiza en infraestruturas

    Comprometémonos a acabar coa discriminación histórica de Galiza nos investimentos do Estado e a reclamar unhas infraestruturas e uns servizos de transporte público á altura das necesidades do país.

    Ler as medidas no documento

  7. 07Garantir futuro para a mocidade galega

    Comprometémonos a garantir que a mocidade poida vivir, traballar e desenvolver o seu proxecto de vida en Galiza. Queremos combater a precariedade, a emigración forzosa e as dificultades de acceso á vivenda, e facer da mocidade protagonista das decisións que afectan o seu futuro.

    Ler as medidas no documento

  8. 08Avanzar en autogoberno para conseguir máis benestar

    Comprometémonos a defender os intereses de Galiza por riba de calquera outra consideración e a conseguir máis capacidade política e económica para o noso país.

    Ler as medidas no documento

  9. 09Defender as liberdades e dereitos democráticos

    Comprometémonos a defender as liberdades cívicas e os dereitos conquistados fronte a calquera intento de involución democrática. Garantiremos a liberdade de expresión, reunión e manifestación, o dereito á protesta e á participación política.

    Ler as medidas no documento

  10. 10Defender a paz, a xustiza e a igualdade entre os pobos

    Comprometémonos a defender a paz, a solidariedade internacional e o dereito dos pobos e das nacións a decidir libremente o seu futuro. Apostaremos por unha política exterior baseada na cooperación, a xustiza e o respecto á soberanía dos pobos.

    Ler as medidas no documento