Saltar ao contido
Ana Pontón coas cabezas de lista do BNG. De esquerda a dereita: Carme da Silva, Olalla Rodil, Ana Pontón, Noa Presas e Néstor Rego.

Galiza, dereitos, vida digna. Agora con máis forza!

Que se vota
o 29 de novembro?

O 29 de novembro as galegas e os galegos escollemos quen van ser as e os nosos representantes —no Congreso e no Senado— pola Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.

Galiza escolle en total 23 deputados e deputadas.

A forza máis útil
para Galiza

Rebaixas na AP-9, melloras nas pensións, máis conciliación, 4.000 millóns de euros de quita da débeda e avances ferroviarios. O BNG consegue melloras e avances para Galiza. Pero non nos conformamos. Con máis forza no Congreso, faremos valer Galiza con máis capacidade para negociar e para acordar en favor da sociedade galega.

Pararlle
os pés á dereita

Non imos permitir retrocesos nos dereitos conquistados. Máis BNG no Congreso significa máis forza para defender as conquistas sociais e frear as políticas da dereita. Desde Galiza, coa nosa propia voz e coa forza dos nosos votos, podemos facer avanzar os dereitos e impedir que nos leven cara a atrás.

Con voz propia

Galiza necesita voz propia en Madrid. Unha forza que non reciba ordes de fóra nin cambie os intereses do noso país por outros alleos. O BNG ten as mans libres e unha única lealdade: Galiza. Porque só quen defende o noso país pode poñer os seus intereses no centro das decisións.

En Galiza, BNG

Fronte ao ruído e ás decepcións, o BNG é unha garantía: sempre ao lado de Galiza e da súa xente. Un voto para defender os nosos intereses, conquistar dereitos e construír futuro. Un voto útil para que Galiza teña máis forza e para que ninguén decida por nós.

En Galiza tes a quen votar.
En Galiza, BNG.

Que vai facer
o BNG en Madrid?

Tres cousas.

Primeira, os deputados e deputadas do BNG van estar no Parlamento español ao servizo dos intereses da sociedade galega.

Segunda, van defender os dereitos sociais, os servizos públicos e a vida digna para todas as persoas.

E terceira, van frear a dereita.

Dereitos e vida digna

A política ten que servir para mellorar a vida da xente. Salarios e pensións dignas, vivenda accesible, sanidade e educación públicas, coidados e igualdade. Fronte ás desigualdades e aos privilexios, o BNG defende máis dereitos, máis protección social e unha vida digna para todas e todos.

Co BNG Galiza gaña!

Para facernos valer

Galiza é un país rico, con recursos, capacidades e potencial para gañarmos un futuro máis próspero, xusto e con oportunidades. Precisamos, simplemente, facernos valer. Os recursos galegos teñen que estar ao servizo de Galiza, e servir para crear aquí, no noso país, emprego, riqueza e benestar.